Terra de Miranda. Un doudaro xeolóxico agochado entre ríos e montañas

11-12 de maio.

Roteiro guiado con límite de prazas.

Inscrición ata o 9 de maio.

Nesta nova edición do xeolodía, a festa de divulgación da xeoloxía, descubrimos a bisbarra de Terra de Miranda, un territorio cheo de fermosos paraxes naturais inte- grados en dúas Reservas da Biosfera. O xeolodía é un conxunto de saídas de balde coordinadas pola SGE, guiadas por xeólog@s e abertas a todo tipo de público. Co lema “Mira lo que pisas” o seu principal obxectivo é amosar que a xeoloxía é unha ciencia atractiva e útil para a nosa sociedade. Esta actividade tamén pretende dar a coñecer o salientable patrimonio xeolóxico dunha zona, e promover a súa protec- ción e posta en valor. Agardamos que gocedes deste paseo xeolóxico.

Francisco Canosa canosa@usal.es

Terra de Miranda atópase no extremo nordés da provincia de Lugo, a 40 km da
capital provincial. En canto a súa xeoloxía, esta bisbarra emprázase na denominada
Zona Asturoccidental Leonesa, rexión pertencente ao Macizo Ibérico e constituida
principalmente por lousas, cuarcitas e en menor proporción calcarias. Todos estes
materiais orixináronse no hemisferio Sur e como consecuencia da dinámica terrestre
desprazáronse ata a posición actual (Fig. 1). Durante esta longa viaxe de máis de
500 millóns de anos tivo lugar un salientable acontecemento xeolóxico, a colisión
de dous supercontinentes, Laurusia e Gondwana, fai aproximadamente 350 millóns
de anos. Por mor dese choque formouse unha gran cordilleira montañosa, chamada
Oróxeno Varisco, de máis de 3000 quilómetros de lonxitude e cunha altitude seme-
llante ao actual Himalaia.

O percorrido escollido consta de seis paradas, das que na guía se describen os seus aspectos xeolóxicos máis salientables.

Inscrición ata o 9 de maio no formulario:

Share this Page