O Forgoselo, onde o granito e a auga son os protagonistas

Sábado y domingo, 6-7 de mayo. Serra Forgoselo

Nesta nova edición do xeolodía, a festa de divulgación da xeoloxía, coñecemos un pouco máis o macizo do Forgoselo e a súa contorna, onde se atopan entre outras marabillas naturais as Fragas do Eume, a Fervenza do río Belelle ou o val do río Castro. Tres ríos que xunto co granito serán os protagonistas deste xeolodía polos concellos de A Capela, Neda e San Sadurniño. Coma sempre esta actividade preten- de dar a coñecer o seu salientable patrimonio xeolóxico, así como promover a súa protección e posta en valor. As distintas paradas do percorrido escollido permitirán descubrir interesantes e curiosas formacións ou estruturas xeolóxicas. Agardamos que gocedes deste paseo pola historia xeolóxica desta parte de Galicia.

Necesaria inscripción online.

O Forgoselo atópase no extremo norte da provincia da Coruña, a uns 15 quilóme- tros ao Leste da cidade de Ferrol. En canto á xeoloxía, este macizo granítico emprá- zase entre as denominadas, Zona Centroibérica e Zona de Galicia Trás-os-Montes, áreas constituídas por materiais autóctonos e alóctonos respectivamente, é dicir, conxuntos de rochas que se emprazaron dentro e fóra do seu lugar de procedencia. Do mesmo xeito, esta zona forma parte do Macizo Ibérico, rexión que alberga unha gran variedade de materiais que se viron afectados pola colisión de dous superconti- nentes, Laurusia e Gondwana, fai aproximadamente 350 millóns de anos. O resulta- do desa colisión foi unha gran cordilleira montañosa, chamada Oróxeno Varisco, de más de 3000 quilómetros de lonxitude e cunha altitude semellante á do Himalaia. Na actualidade non quedan restos desa cordilleira posto que foi totalmente erosionada na época en que viviron os dinosauros, é dicir, durante o Mesozoico.

O percorrido escollido consta de 6 paradas, das que deseguido se describen os seus aspectos xeolóxicos máis salientables.

Share this Page