Un paseo polas profundidades dunha cordilleira
Sábado 12 o domingo 13 de mayo. Serra do Barbanza
Nesta nova edición do xeolodía, a festa de divulgación da xeoloxía, coñecemos un pouco máis da fermosa Serra do Barbanza e a súa contorna, onde se atopan entre outras marabillas naturais as dunas de Corrubedo, as pozas do río Pedras, o miradoiro da Curota ou a fervenza de Cadarnoxo. Unha impoñente serra que se sitúa entre dúas das maiores rías de Galicia, Arousa e Muros-Noia. Coma sempre esta actividade pretende dar a coñecer o seu salientable patrimonio xeolóxico, así como promover a súa protección e posta en valor. As distintas paradas do percorrido escollido permitirán descubrir interesantes e curiosas formacións ou estruturas xeolóxicas. Agardamos que gocedes deste paseo pola historia xeolóxica desta parte de Galicia.
Necesaria inscripción online.
José Francisco Canosa Martinez canosa@usal.es y Roi Sampedro
Municipios de A Pobra do Caramiñal y Ribeira.
O Barbanza atópase no extremo suroeste da provincia da Coruña, a 50 km de Santiago. En canto á xeoloxía, esta serra emprázase na denominada Zona de Galicia Trásos-Montes, área constituída por materiais metamórficos e magmáticos do Palezoico. Do mesmo xeito, esta zona forma parte do Macizo Ibérico, rexión que alberga unha gran variedade de materiais que se viron afectados pola colisión de dous supercontinentes, Laurusia e Gondwana, fai aproximadamente 350 millóns de anos. O resultado desa colisión foi unha gran cordilleira montañosa, chamada Oróxeno Varisco, de más de 3000 quilómetros de lonxitude e cunha altitude semellante á do Himalaia. Na actualidade non quedan restos desa cordilleira posto que foi totalmente erosionada na época en que viviron os dinosauros, é dicir, durante o Mesozoico. A pesar diso no Cenozoico fórmanse de novo montañas, por mor do Oróxeno Alpino, que rexuvenece a paisaxe e o relevo de Galicia, incluida a Serra do Barbanza
DATA DE INSCRICIÓN >>> DENDE O SÁBADO DÍA 28 DE ABRIL ÁS 21:00 <<<
MOI IMPORTANTE, LEER ANTES DE CONTINUAR:
- A inscrición realizarase exclusivamente vía online, polo que unha vez cubertas as prazas só haberá posibilidade de anotarse na lista de reservas.
- NON se aceptarán inscricións con datos organizativos ou persoais erróneos, incompletos ou incorrectos
- Dos datos persoais só se cederá o correo electrónico ao organizador (con consentimento previo na inscrición), para ser informados de futuras actividades de divulgación xeolóxica. O resto de datos eliminaranse unha vez rematada a actividade.
- Unha vez realizada a inscrición con éxito (indícase cunha pequena mensaxe ao final da mesma). Enviarase unha mensaxe de confirmación 1-2 días despois ao correo electrónico que figura na inscrición.
- Dado que o xeolodía é unha actividade de balde non existe seguro de viaxe/accidente/civil, polo que os participantes asinaran un documento no que eximen aos organizadores de calquera dano ou perxuizo durante o desenvolvemento da actividade.