Descubrindo os tesouros da costa de Valdoviño

Valdoviño

Sábado 9 de mayo

Jose Francisco Canosa Martinez canosa@geol.uniovi.es

Sociedade Galega de Historia Natural-Concello de Valdoviño

Un ano máis, o xeolodía, a festa de divulgación da xeoloxía descúbrenos un novo e apaixoante recuncho da xeografía galega, a costa do Concello de Valdoviño. Unha oportunidade para coñecer o seu salientable patrimonio xeolóxico, pero tamén para reivindicar a súa protección. O itinerario escollido percorre distintas e moi variadas formacións xeolóxicas, que permiten comprender e descubrir aqueles acontecemen- tos que tiveron lugar na Terra fai millóns de anos. Agardamos que gozedes deste paseo no tempo por unha paisaxe de cantís e fermosas praias.

Share this Page