Terra de Miranda. Un dourado xeolóxico agochado entre ríos e montañas

11-12 de maio.

Roteiro guiado con límite de prazas.

Inscrición ata o 9 de maio.

Nesta nova edición do xeolodía, a festa de divulgación da xeoloxía, descubrimos a bisbarra de Terra de Miranda, un territorio cheo de fermosos paraxes naturais integrados en dúas Reservas da Biosfera. O xeolodía é un conxunto de saídas de balde coordinadas pola SGE, guiadas por xeólog@s e abertas a todo tipo de público. Co lema “Mira lo que pisas” o seu principal obxectivo é amosar que a xeoloxía é unha ciencia atractiva e útil para a nosa sociedade. Esta actividade tamén pretende dar a coñecer o salientable patrimonio xeolóxico dunha zona, e promover a súa protección e posta en valor. Agardamos que gocedes deste paseo xeolóxico.

Francisco Canosa canosa@usal.es

Asociación Arrincadeira    (Páxina web)

Concello de Meira    (Páxina web)

Concello de Ribeira de Piquín    (Páxina web)

Se estas interesado en coñecer esta zona e non podes asistir ao noso xeolodía, podes descargar a guía xeolóxica na seguinte ligazón. Agardamos que vos poda ser útil.

O percorrido escollido consta de seis paradas, das que na guía se describen os seus aspectos xeolóxicos máis salientables.

Podes escoller entre o sábado 11 e o domingo 12, posto que o percorrido é o mesmo. As inscricións comezarán o sábado 27 de abril no caso de asistir o día 11, mentres que o domingo 28 de abril iniciarase a inscrición para o día 12. Inscricións ata o 9 de maio no seguinte formulario online:

Share this Page